Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
A Fundación KÆRTOR
A Fundación Kærtor é unha iniciativa galega de alcance global, pioneira en innovación aberta e codesenvolvemento público-privado no descubrimento de fármacos. Da continuidade aos resultados do proxecto Innopharma da USC e está liderada polos profesores Mabel Loza, especialista en Farmacoloxía, e Ángel Carracedo, especialista en Medicina Xenómica.
UNHA INCUBADORA PIONEIRA PARA O DESENVOLVEMENTO TEMPERÁN DE FÁRMACOS EN COLABORACIÓN COA INDUSTRIA
A nosa misión é promover a transferencia recíproca do coñecemento nun proceso circular e translacional de descubrimento de fármacos, xerando sinerxias que aumenten o valor e aceleren o proceso.
OS PRINCIPAIS RAIOS DA RODA DA FUNDACIÓN KÆRTOR
¿QUÉ É A TRANSFERENCIA INVERSA?
- Aplicar a ciencia transformacional en mecanismos da enfermidade ás demandas médicas e industriais.
- Axustar os proxectos máis innovadores ás demandas médicas e industriais.
- Buscar as mellores ideas en calquera lugar do mundo e aplicalas en Galicia.