A semana pasada, a Fundación Kærtor estivo presente nas “XII Conferencia Anual de Plataformas Tecnolóxicas de Investigación Biomédica” en Madrid, organizada polas catro plataformas e que contou co apoio da Asociación Española de Empresas de Biotecnoloxía, Farmaindustria e Fenin – Federación Española de Empresas de Tecnoloxía Sanitaria. O Mércores, Eneko Aldaba Arévalo (QUIMATRYX) falou sobre a iniciativa I2D2 e o xoves, a nosa Directora Científica Mabel Loza e Pedro Arenas Barreiro (GAIN) deron as súa visión e experiencia sobre a constitución dun centro para o descubrimento de fármacos en Galicia, durante unha mesa redonda presidida por Raquel Yotti, Directora do Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII), coa participación tamén do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades crónicas (CIMUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Instituto de Investigación en Saúde Santiago de Compostela (IDIS) – IIS de Santiago de Compostela.

VER MÁIS