kaertor

Fases

*Pulsa en cada unha das fases para ter máis información.


Estadío 1. Chamada de expresións de interese (EoI)

Os interesados en participar nesta convocatoria poden contactar coa Fundación Kærtor cubrindo o formulario de Expresión de Interese  que aparece na páxina web. Aínda que a convocatoria permanecerá sempre aberta, a primeira avaliación de Expresións de interese realizarase coas recibidas ata o 30 de setembro de 2017.

realizarase coas recibidas ata o 30 de setembro de 2017.
Toda a información será tratada pola Fundación Kærtor en base ás cláusulas de confidencialidade dispoñibles no seguinte enlace.

Estadío 2. Selección de proxectos de investigación

A Fundación Kærtor levará a gobernanza aplicando a súa propia metodoloxía para a análise preliminar e a clasificación priorizada das Expresións de Interese recibidas, baseada no nivel de innovación e no grado de avance do programa no proceso de descubrimento de fármacos.

Crearase un pipeline de expresións de interese priorizadas en función das valoracións de tres comités:

  • Científico, liderado pola fundación Kærtor.
  • Propiedade intelectual, liderado pola fundación Kærtor.
  • Industrial, liderado por Janssen que aportará a súa experiencia no campo do desenvolvemento de fármacos para seleccionar os proxectos con maior potencial de proporcionar novas medicinas para os pacientes. Neste comité participa tanto Janssen como outras dúas organizacións do grupo Johnson & Johnson: Discovery Sciences e Johnson & Johnson Innovation.

Posteriormente o Comité de Dirección do Programa decidirá que proxectos son seleccionados para a incubación.

Kærtor poderá tamén seleccionar outros proxectos que non formen parte dos escollidos polo Comité de Dirección do Programa para a súa incubación independente.

Estadío 3. Aceleración e incubación dos proxectos

A Fundación Kærtor levará a gobernanza aplicando a súa propia metodoloxía.

Aos proxectos seleccionados solicitaráselles información máis extensa do proxecto, avaliaranse en máis detalle e se resulta priorizado procederase á firma dos acordos correspondentes.

A incubación dos proxectos comezará segundo a orde de priorización dos mesmos.

Crearase un comité de dirección no que estará representado o equipo de investigación biomédica solicitante, o equipo de investigación translacional da Fundación Kærtor e o equipo de investigación de Janssen.

Aplicarase a metodoloxía de traballo Kærtor que contempla a avaliación y seguimento dos proxectos, conectalos coa análise de viabilidade para o paso a fases avanzadas unha vez finalizada a incubación.

Durante esta fase, Janssen, xunto coas outras dúas organizacións del grupo Johnson & Johnson: Discovery Sciences e Johnson & Johnson Innovation, participará desde o Comité de Dirección do Programa, aportando a súa experiencia ao desenvolvemento dos programas seleccionados.

A data de inicio dos proxectos sitúase no primeiro trimestre de 2018.

A iniciativa I2D2 está patrocinada por:

Con o apoio de: