Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
*Pulsa en cada un dos obxetivos para ter máis información.
Innovación Aberta
- Incorporar modelos que permitan o codesenvolvemento público-privado no ámbito global de programas e tecnoloxías de descubrimento de fármacos orientados ao paciente, con metodoloxías farmacoxenómicas.
Investigación colaborativa
- Integrar equipos científicos do ámbito global na búsqueda de novos medicamentos e dianas terapéuticas para necesidades médicas non cubertas aplicados a calquera enfermidade, incluíndo enfermidades raras.
- Acelerar a aplicación dos novos mecanismos en base á translación e ao cambio de proceso en descubrimento de fármacos.
- Buscar a complementariedade abríndose á colaboración no entorno global.
Innovación
- Executar a transferencia inversa en proxectos de codesenvolvemento público-privados que absorban con inmediatez os avances científicos nun novo modelo de proceso que resolva laberinto del descubrimiento temperán de fármacos desde su salida a clínica.
Formación e Emprendemento
- Promover a formación de profesionais na investigación e o emprendemento para o ecosistema de descubrimento de fármacos.
- Favorecer a creación de empresas que cubran o espazo existente entre a investigación básica en descubrimento de fármacos e a súa aplicación industrial.
- Colaborar con outras entidades na promoción do resultado das investigacións desenvolvidas ao amparo da Fundación.