Preguntas frecuentes da convocatoria

Calquera investigador/a e/ou institución pública e/ou privada que estea desenvolvendo programas de I+D.

La Fundación K?rtor busca programas para o descubrimento e/ou desenvolvemento de novos axentes terapéuticos en colaboración con outros axentes. Programas de calquera área de investigación disruptiva e transformacional.

Os programas candidatos a ser seleccionados deben apoiarse na metodoloxía K?rtor para a súa valorización e ter a posibilidade de compartir propiedade intelectual.

Os programas deben estar relacionados co descubrimento tempéran de fármacos. Exemplos do tipo de investigación que podería ser elixible por K?rtor:

  • Identificación e validación de dianas.
  • Ensaio de moléculas de baixo peso molecular para prever a súa eficacia e o seu potencial uso terapéutico.
  • Deseño e síntese de pequenas moléculas con afinidade por determinadas dianas.
  • Desenvolvemento de ensaios miniaturizados para HTS.
  • Deseño de cascadas de cribado ata candidato a preclínica.

En canto a áreas terapéuticas, no formulario de Expresions de Interese atoparás un listado (no excluinte)de patoloxías nas que buscamos programas.

O obxecto da convocatoria é acelerar a chegada aos pacientes de novos mecanismos terapéuticos disruptivos estudando con estándares industriais, na etapa de incubación as súas posibilidades de aplicación.

A propiedade intelectual previa permanece co grupo que a xerou. En canto aos resultados que se obteñan durante la execución do programa, acordarase un reparto dos dereitos de propiedade entre o grupo que presenta o proxecto e a Fundación sen ánimo de lucro Kærtor. Janssen non adquire propiedade. O seu obxectivo é alimentar o proceso de xeneración de novos mecanismos terapéuticos transformacionais.

A Fundación Kærtor levará a gobernanza aplicando a súa propia metodoloxía para a análise preliminar e a clasificación priorizada das Expresións de Interese recibidas, baseada no nivel de innovación e no grao de avance do programa no proceso de descubrimento de fármacos.

Crearase un pipeline de expresións de interese priorizada en función das valoracións de tres comités:

  • Científico, liderado pola fundación Kærtor.
  • Propiedade intelectual, liderado pola fundación Kærtor.
  • Industrial, liderado por Janssen que aportará a súa experiencia no campo do desenvolvemento de fármacos para seleccionar los programas con maior potencial de proporcionar novas medicinas para os pacientes. Neste comité participa tanto Janssen como outras dúas organizacións do grupo Johnson & Johnson: Discovery Sciences e Johnson & Johnson Innovation.

Posteriormente o Comité de Dirección do Programa decidirá que programas son seleccionados para a incubación.

Kærtor poderá tamén seleccionar outros programas que non formen parte dos escollidos polo Comité de Dirección do Programa para a súa incubación independente.

Aínda que a convocatoria permanecerá sempre aberta, a primeira avaliación de Expresións de interese realizarase coas recibidas ata o 30 de setembro de 2017.

De todas as expresións de interese presentadas comunicarase o estado e condicións do proceso aos investigadores principais.

Janssen cofinanciará algúns dos programas seleccionados, aos que proporcionará tamén asesoramento a través do Comité de Dirección do Programa. Isto non significará que Janssen adquira ningún tipo de propiedade sobre o programa. Ao finalizar a execución do mesmo a empresa disporá dun tempo limitado de exclusividade na negociación sobre os programas.

Para os programas que non sexan seleccionados por Janssen pero que sexan de interese para a Fundación Kærtor firmarase un acordo coa fundación para o seu desenvolvemento

A ciencia non ten fronteiras e son benvidos programas de calquera lugar do mundo. O progreso do programa dentro desta convocatoria será coordinado e xestionado pola Fundación Kærtor localizada en Galicia.

La iniciativa I2D2 está patrocinada por:

Co apoio de: