Agrupación de Proxectos


Estratexias circulares disruptivas de descubrimento temperán de fármacos

  • En Kærtor había tres programas destacados, que debido á súa orixinalidade e grao de innovación podían provocar cambios fundamentais no compromiso coa investigación translacional e na terapéutica (incluíndo a estratificación de pacientes).
    Todos estes programas poden ser aplicados a outras áreas/dianas independentemente das propostas nas EOIs orixinais. Deste xeito, varias EOIs poderían ser combinadas ou verse beneficiadas por un plan de acción de incubación en colaboración cos equipos dos tres programas (punto 4).

“Humanos” entendido como “modelos humanos” de mecanismos da enfermidade

  • Estes programas inclúen fenotipos extremos e enfermidades raras co obxectivo de poñer de manifesto e comprender dianas/vías de sinalización celular dos mecanismos de enfermidade en humanos. Kærtor incluíu na súa carteira de proxectos/ pipeline cinco programas centrados en enfermidades raras.

Programas con metodoloxías/tecnoloxías avanzadas

  • Estes programas pódense aplicar a outra área/diana diferente da proposta na EOI orixinal, co obxectivo de incorporar unha visión holística no descubrimento temperán de fármacos. Hai trece programas que inclúen, entre outros, tecnoloxías para o desenvolvemento de biomarcadores, reposicionamiento de fármacos ou tecnoloxías ARNi.

EOI agrupadas segundo a posibilidade de incorporar metodoloxías dos programas destacados nos puntos 1-3

  • Redución dos riscos na investigación da enfermidade de Alzheimer: É ben coñecido o gran risco asociado ao descubrimento de fármacos para a enfermidade de Alzheimer (AD), por iso agrupáronse varios proxectos centrados en AD desde diferentes perspectivas, a pesar de que todos eles están afastados da transferencia á clínica.
  • Programas de oncoloxía: Estes programas presentan dianas novas e prometedoras, con diferentes mecanismos a explorar. Kærtor identificou sete programas centrados en novos mecanismos para o tratamento do cancro, incluíndo plegamiento de proteínas, células nai do cancro, letalidade sintética ou telómeros.
  • Receptores de angiotensina como diana: Hai tres programas centrados en receptores de angiotensina pero en patoloxías diferentes á hipertensión. Dous deles están moi avanzados e poderían empregarse como proba de principio (proof-of-principle, POP) en humanos.
  • Senescencia como diana terapéutica: Kærtor incluíu na súa carteira de proxectos/ pipeline dous programas que coindicen nos mecanismos de senescencia como mecanismos de acción en diferentes patoloxías
  • Enfermidades cardiovasculares e metabólicas: Hai dous programas que inclúen ou ben primeiras moléculas prometedoras, ou dianas disruptivas para o tratamento da(s) patoloxía(s) en cuestión